Menú Cerrar

"As patacas de Coristanco coñécense polo sabor, proba as de NELA e probarás a mellor"

by Clara Negreira Lamas

Patatas de Coristanco Nela

Somos unha explotación agrícola familiar, dedicándonos ao cultivo de pataca de Coristanco.

As Nosas Variedades

Patata Kennebec

Variedade de pataca ovalada de gran tamaño e pel fina lixeramente moteada, a cor é amarelado por fóra e branco na pulpa.

Fina de Carballo

A Fina de Carballo é unha variedade autóctona de Galicia, polo que obviamente presenta unha perfecta adaptación ao medio.

  • Cultivo Tradicional

    As nosas patacas cultívanse en secaño, sen regadío, de maneira tradicional, como en toda a zona de Bergantiños. A agricultura tradicional baséase normalmente en prácticas transmitidas de xeración en xeración, como é o noso caso, tamén rotando os cultivos e sempre respectando o medio ambiente. Este proceso aumenta a calidade e o valor nutricional do produto.

    Para dar un paso máis controlando mellor o impacto sobre o medio ambiente da nosa actividade, estamos implicados nun proxecto para calcular a pegada de carbono dos nosos cultivos.

    En patacas Nela estamos comprometidos coa agricultura sostible e o futuro do campo, traballamos día a día para desenvolver solucións que non só aumenten o rendemento dos cultivos, senón que tamén coiden do noso planeta, asegurámonos de que cada colleita sexa un paso cara a un futuro máis verde e próspero.

  • Envíos a toda España

    Realizamos envíos a toda España (península). Se tés algunha dúbida ponte en contacto connosco sen ningún compromiso.

Patatas Coristanco NELA

Bebidas elaboradas con PATATAS NELA de CORISTANCO

Unha forma distinta de coñecer e probar o noso produto

Este é o camiño desde a terra ata a copa, todo elaborado de maneira artesanal:

1. Selecciónanse as mellores patacas de Coristanco de Nela.

2. Levan as patacas ao obradoiro onde se lavan moi ben e póñense a cocer lentamente, cando xa están no seu punto de cocción se trituran moi finas e póñense nun tanque de aceiro inox para facelas fermentar.

3. Unha vez fermentáronse ao cabo de 7 días pásanse ao destilador para extraer o alcol que xeraron, este primeiro alcol é redestilado outras 3 veces máis ata obter un alcol moi fino, do cal a partir del elabóranse os diferentes licores e xenebra.

Unha forma de alimentarse e vivir

Como socios de Slow Food Compostela, unha asociación de produtores de proximidade, estamos comprometidos coas comunidades locais e o medio ambiente. Defendemos unha agricultura sostible, tradicional e ecolóxica, apoiando as relacións directas entre produtores e consumidores. Xunto a outros numerosos socios en todo o mundo mostramos o noso compromiso por unha alimentación boa e de calidade, limpa e xusta para todos.

Necesitas máis información sobre os nosos produtos?

Pulsa o botón para contactar connosco