Menú Cerrar

Fina de Carballo

Incl. VAT

A fina de Carballo, ou Pataca de Coristanco, é unha variedade autóctona de Galicia que se cultiva fundamentalmente na comarca de Bergantiños.

A Fina de Carballo é unha variedade autóctona de Galicia, polo que obviamente presenta unha perfecta adaptación ao medio. Cultívase fundamentalmente na comarca de Bergantiños, unha das zonas de maior tradición na produción de pataca en Galicia, en particular en Carballo e Coristanco, onde un 99 % da produción é da variedade Kennebec.

A pataca fina de Carballo é das últimas en recollerse e por iso chega fresca aos primeiros meses do ano. Nunha terra moi famosa pola produción de patacas, a cantidade de 12.000 kg ao ano resulta ser moi pouca, dos cales soamente 2.000 destínanse á venda e a maioría é para autoconsumo.